ARQUEOLOXÍA

MIRADOIROS

O CONCELLO

Ven e goza do turismo de Xove

DESCUBRE XOVE

HISTORIA

PRAIAS

TURISMO ACTIVO

ARQUITECTURA RELIXIOSA

HOSTALERÍA

FERVENZAS

Puntos de Interese, Arqueoloxía, Miradoiros, Praias,…

MAPA DE XOVE

Concello de Xove. Acerca de…extensión.poboación.clima.

Xove é un concello situado ao norte da provincia galega de Lugo. Atópase na franxa costeira provincial, na comarca da Mariña Occidental, na zona das rías altas de Galicia. Conta cunha extensión de 89,1 quilómetros cadrados e unha poboación de 3.300 habitantes, polo que a densidade de poboación do municipio é de 37 habitantes por quilómetro cadrado. A parroquia máis poboada é a de San Bartolomé de Xove, que é tamén o centro administrativo do municipio.

Cun clima suave e chuvioso, característicos do clima húmido oceánico, a temperatura media anual supera os 14º, mentres se produce unha débil oscilación térmica de 10º entre o suave inverno e as moderadas temperaturas estivais, cando raramente se superan os 28º.

Xove limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste co concello de Cervo, ao sur co municipio do Valadouro e ao oeste co de Viveiro.

Pódese dicir que o territorio do municipio divídese claramente en tres partes: unha zona de litoral, caracterizada por abruptos cantís e praias tranquilas de areas brancas; outra zona de val regada polo río Rigueira, o caudal máis abundante do territorio xovense, e os seus numerosos afluentes; e un terceiro ecosistema montañoso que alcanza a súa máxima altura no monte Pau da Vella a 705 metros de altitude, situado nos montes de Buio.

Historia Parroquias