Feira Cabalar Dúas Festividades
O cabalo goza en Xove de grande popularidade e admiración. Na contorna natural do monte Pau da Vella están os pastizais de Laxamoura, onde as manadas de cabalos pastan en liberdade xunto ás súas crías.
Esta admiración equina tradúcese en dúas festividades importantes dedicadas ao cabalo:
A primeira na parroquia de Lago, o terceiro domingo de Maio, organizada pola Asociación Equina A Medela. O evento ten carácter nacional, con presenza de centos de cabalos do país, cruzados, de pura raza árabes e raza española.
A segunda é a feira de San Bartolo celebrada o 24 de agosto na parroquia de Monte. Destaca por ser unha das feiras de gando máis famosas da comarca. O acto comeza cedo coa busca dos cabalos aos pastizales, agrupándoos, e continúa co descenso da manada ao curro ou lugar da feira. Os gandeiros aproveitan para vender animais criados durante o ano e os visitantes asisten ao evento para contemplar o gando, mercar, e saborear o polbo á feira que se serve nos postos do recinto.