Festa do Percebe Festa Gastronómica
Esta festa gastronómica que se celebra a mediados de xullo, cumpriu no ano 2022 a súa novenava edición. Está organizada pola Asociación de Festexos a Medorra e o Concello de Xove, e reparte en cada edición máis de 1.500 racións, arredor de catrocentos quilos deste marisco.
A festa lévase a cabo na praza do Concello, nunha carpa instalada para a ocasión, e o produto procede das lonxas da zona onde se venden os máis grandes e mellores percebes dos cantís da Mariña e Ortegal. A festa comeza ao mediodía e dura toda a xornada, alternando distintas actividades como charangas, discoteca, actividades infantís, obradoiros e teatro.
En canto ás bebidas, a festa adoita ofrecer unha botella de Albariño por seis euros, aínda que hai outro tipo de opcións como auga, refrescos e cervexas.
Praza do Concello
22 Xullo 2023
Degustación
Percebes de Xove
Os percebes de Xove son unha delicatessen. Son recollidos na súa gran medida nos cantís das costas do municipio e teñen un enorme sabor a mar.
Esta alta calidade do produto ten que ver coas zonas nas que se crían de moita ondada, o que fai que adquiran un calibre máis groso e de menor lonxitude para manterse agarrados ás rochas, que os converte á súa vez nunha exquisitez.