Festa do Polbo Festa Gastronómica
Bares e Restaurantes do Concello
Xoves Santo
Degustación
Pesquería Tradicional
Este cefalópodo é unha pesquería tradicional dos portos de Morás e Portocelo, así coma doutros peiraos de baixura da Mariña Lucense. A actividade mantense durante case dez meses, pero o polbo da pedra non se comercializa ata os meses de marzo e abril.
Este polbo péscase de xeito tradicional en augas próximas á costa, onde se alimenta a base de peixe e mariscos da ribeira, o que o fai moito máis saboroso. O polbo da pedra ten unhas características peculiares: é máis escuro, con tentáculos máis longos e a cabeza máis pequena. Todas estas particularidades fan deste produto do mar unha delicatessen.