Parroquia de San Bartolo de Xove

Localización

Parroquia: Xove (San Bartolo)
Lugar: 27870,  Xove – Lugo
Coordenadas: 43º41′10.5″ N  7º 30′44.8″W

Igrexa cuxa primeira reforma está datada en 1670; consta de tres naves separadas por piares crucetados dos que parten arcos formeiros e torais ás tres naves. Cuberta de lousa con limas de tella cerámica curva e armadura de madeira con apoio sobre os arcos. Frontispicio cunha torre con espadana de dous vanos. O presbiterio cóbrese a catro augas, e ten a sancristía no lateral esquerdo. Na porta principal consérvase unha inscrición do ano 1694. O templo alberga no seu interior un retablo maior barroco do século XVII e outro renacentista do XVI.

Acceso

A un par de minutos do centro de Xove (Av. da deputación), continuar hacia u oeste, xirar á dereita na Rúa Doutor José Baamonde Illade, e a 30 metros xirar á esquerda na Rúa Xove, a igrexa atópase a 20 metros na marxe dereita da rúa.

Parroquia de Santo Isidoro de Monte

Localización

Parroquia: O Monte (Santo Isidoro)
Lugar: As Penas Agudas 27879,  Xove – Lugo
Coordenadas: 43º37’25.4″N  7º29’55.4″W

Igrexa que data do século XVI. Foi reformada no ano 1966, e conserva dúas antigas pías bautismais e un retablo rococó do século XVIII. Consta de tres naves, cunha nave central e un campanario dunha soa torre. Está situada a carón do Petróglifo de Monte, no lugar denominado “Casa do Cura”. O conxunto é de especial interese cultural dentro do municipio, xa que constitúe o único petróglifo catalogado. Está datado entre o III e II milenio a.C., e está composto por 18 cazoletas (ou pequenos buracos) e unhas liñas serpentiformes.

Acceso

Dende o centro de Xove (Av. da Deputación) tomamos a estrada LU P-2604 ata Monte; a 11,5 Km., na marxe dereita da estrada pode verse xa a igrexa.

Parroquia de San Miguel da Rigueira

Localización

Parroquia: A Rigueira (San Miguel)
Lugar: A Ponte do Carro 27879, Xove – Lugo
Coordenadas: 43º39’08.9″ N 7º29’59.3″W

Igrexa cuxa primeira reforma rexistrada data do ano 1616. Consta de nave cuberta a dúas augas pousada sobre catro arcos torais que descansan sobre pilastras, con bóveda de canón con lunetos. O cruceiro está máis elevado có resto, con cúpula sobre catro arcos torais. As capelas dos brazos, con bóveda de canón e lunetos. A fronte ten porta alintelada e principio de torre concluída en espadana. Destaca un retablo maior barroco, de dous corpos, con imaxes dos séculos XVII e XVIII. Aínda que o patrón é san Miguel, o 13 de xuño celébrase neste templo a romaría do santo Antón, unha das máis importante da Mariña.

Acceso

Dende o centro de Xove (Av. da Deputación), tomamos a estrada LU-P-2604, a igrexa atópase a 5,4 Km. na marxe dereita da estrada.

Parroquia de Santo Estevo de Sumoas

Localización

Parroquia: Sumoas (Santo Estevo)
Lugar: As Poceiras 27878 Xove – Lugo
Coordenadas: 43º41’54.4″N – 7º30’20.4″W

Templo situado no lugar dun antigo castro. Consta de nave cuberta a dúas augas sobre bóveda con tres arcos faixóns. Arco triunfal escarzano. Frotispicio con espadana dun corpo con dous vanos e frontón. Portada de arco alintelada. Cabido protector e acceso de dous arcos laterais ao sur. A reforma máis antiga documentada para esta igrexa data de 1649. Presenta un retablo maior de tendencia neoclasicista do século XVII. Está situada no núcleo de Sumoas, a carón do cemiterio e do campo da festa, nunha contorna formada por prados, monte e arboredo.

Acceso

Dende o centro de Xove (Av. da Deputación), tomar a rúa Doutor Baamonde Illade a man dereita e dirixirse ao norte pola estrada LU-P-2601 durante 2,1 Km. A igrexa atópase no alto dun outeiro no marxe dereita da estrada.

Parroquia de San Pedro de Xuances

Localización

Parroquia: Xuances (San Pedro)
Lugar: Pena 27877 Xove – Lugo
Coordenadas: 43º42’07.9″N 7º33’12.9″W

Igrexa de fábrica inicial de estilo románico, reconstruída en 1698, a cabeceira das cales se fixo segundo planos de Blas de Barros en 1799. Recentemente realizáronse obras de consolidación. Consta de tres naves de dous tramos separados por arcos faixóns, cruceiro con cúpula de media laranxa e bóveda de aresta nos brazos. Sancristía pegada en muro esquerdo. Frontis con pórtico e elegante torre de dous corpos, de remate en cúpula semiesférica. Interior: retablo maior do s. XVIII, retablo lateral dereito renacentista e retablo lateral esquerdo moderno, todos eles con interesantes talles dos s. XVII-XVIII.

Acceso

A 7 Km de Viveiro en dirección a Cervo atopamos un desvío a Xuances no Km 42 da C-642.

Parroquia de Santa Eulalia de Lago

Localización

Parroquia: Lago (Santa Eulalia)
Lugar: A Áspera 27878 Xove – Lugo
Coordenadas: 43º41’28.0″N – 7º29’11.9″W

Templo do s. XVII construído sobre outra construción anterior, de planta rectangular. Consta de nave cuadrangular dividida en tres tramos separados por arcos de medio punto, capela maior e sancristía pegada detrás. Frontis con tres portas: porta principal de arco de medio punto no centro e dúas portas laterais alinteladas, con airosa espadana de dobre corpo e tres vans. Sobre a porta central lese a inscrición “Igrexa de refuxio”. Tamén se observa unha curiosa lápida pouco lexible na fachada principal. Interior: retablo maior e laterais barrocos do s. XVIII, con talles de variada cronoloxía, e templete da procesión de Corpus con catro columnas salomónicas e detalles barrocos.

Parroquia de San Clemente de Morás

Localización

Parroquia: Morás (San Clemente)
Lugar: A Aldea de Abaixo 27876 Xove – Lugo
Coordenadas: 43º43’07.7″N – 7º29’08.8″W

A igrexa do 1747 conta cunha nave principal e dúas secundarias, cruceiro, capela maior e sancristía. A cuberta é de madeira a dúas augas na nave, a tres nos brazos do cruceiro e a catro no centro deste. O pórtico está acaroado ao muro esquerdo da nave sostido por tres pilastras. Ten unha pequena torre de dous corpos rematada por un cúpula de media laranxa e escada de caracol. No seu interior destaca un retablo barroco considerado de grande beleza artística. Desde este lugar, as veciñas e veciños de Morás baixan as imaxes en procesión ata o lugar do Portiño no mes de maio para homenaxear á Virxe do Carme e a Santo Antón.

Acceso

Dende o centro de Xove (Av. da Deputación), tomar a rúa Doutor Baamonde Illade a man dereita e dirixirse ao norte pola estrada LU-P-2601 hacia Morás, xira á esquerda no indicador de Aldea de Abaixo, e continua 30 metros máis, a igrexa está a man dereita da estrada.

Parroquia de San Tirso de Portocelo

Localización

Parroquia: Portocelo (San Tirso)
Lugar: Vilachá 27877 Xove – Lugo
Coordenadas: 43º43’27.0″N – 7º31’43.2″W
Construída no ano 1928, consta de nave central, cun altar principal e un retablo de estilo barroco do século XVII e dous secundarios, ademais dunha torre con espadana de dous ocos que alberga o campanario con dúas campás.
A pesar de ser o templo máis novo, a parroquia de Portocelo é unha das máis antigas, pois xa aparece como tal no século XIII en documentación histórica. Antes da construción desta igrexa parroquial, nos anos vinte do século pasado, o culto realizábase na ermida de San Tirso (hoxe en ruínas), situada a carón do mar, entre as aldeas de Portocelo e Vilachá.
A imaxe do patrón da parroquia procede do taller do escultor ribadense Domingo Preto, e foi encargada na primeira metade do século XVII.

Acceso

Dende o centro de Xove (Av. da Deputación), tomar a rúa Doutor Baamonde Illade a man dereita e dirixirse ao norte pola estrada LU-P-2601 durante 3 Km. e xirar á esquerda, dirección Portocelo, tomando a estrada LU-P-2607 e continuando ata Vilachá 3 km. máis. Xirar á esquerda no indicador que pon Igrexa de Vilachá, a 20 metros torcer lixeiramente á dereita, a igrexa atópase de fronte a uns 30 metros.

Ermida de Nosa Señora das Dores

Localización

Parroquia: A Rigueira (San Miguel)
Lugar: O Pazo 27879 Xove – Lugo
Coordenadas: 43º39’31.8″N – 7º29’58.2″W

Capela de titularidade privada, cuxa construción ten planta rectangular e muros de sillería. Cuberta a dúas augas formada por entramado de Madeira. Porta alintelada de madeira e óculo sobre a mesma para iluminación interior. Espadana dun só vano, que alberga a campá, e rematado en cruz de pedra. Conta cun retablo de estilo rococó. A capela situase nunha contorna formada por prados, terreos de cultivo e edificacións illadas tanto tradicionais como de nova construción.

Acceso

Dende o centro de Xove (Av. da Deputación), tomamos a estrada LU-P-2604, a igrexa atópase a 4,8 Km. na marxe dereita da estrada.

Ermida de San Vicente (A Rigueira)

Localización

Parroquia: A Rigueira (San Miguel)
Lugar: San Vicente 27879 Xove – Lugo
Coordenadas: 43º40’00.0″N – 7º30’14.3″W

Capela de nave rectangular e muros de sillería revestidos e branqueados, deixando ao descuberto elementos nobres en sillería en vanos e cornisas. Cuberta a dúas augas formado por entramado de madeira. Porta de acceso cun lintel rematada en lintel curvo. Espadana de frontón dun só vano e remates acroterios. Consta de un retablo neogótico. No interior da capela destaca unha fermosa talla da Virxe en madeira policromada do século XV con Neno nos brazos, coa pintura primitiva.

Acceso

Dende o centro de Xove (Av. da Deputación), xirar á esquerda dirección Estrada de Palmeiro, e tomar a estrada LU-P-2604, seguir recto durante uns 3 Km. ata chegar ao lugar de San Vicente, a capela atópase sinalizada nun pequeno cruce á esquerda da estrada.

Ermida de San Pedro Fiz

Capela fundada no s. XVII. É de planta rectangular. Na fachada presenta a porta principal con arco escarzano e espadana dun só corpo. Interior: retablo renacentista popular con imaxes do XVI, XVII e XVIII.

Localización

Parroquia: Xuances (San Pedro)
Lugar: Ceranzos 27877 Xove – Lugo
Coordenadas: 43º42’39.2″N – 7º32’39.7″W