Festa das Flores

En Xove celebramos a chegada da primavera. Como sociedade agrícola que somos, festexamos a chegada da vida aos campos: as flores, o sol, e o rexurdir da natureza son motivos de celebración en Xove. Engalanamos as rúas do noso pobo, e organizamos un mercado tradicional con produtos artesanais de todo tipo. Unha festa da vida, as Fillas de María ou Festa das Flores.

Parroquia de Xove

Terceiro sábado de maio