Produtos Feitos en Xove
Conservas Currimar
Currimar é un obradoiro tradicional radicado en Xove.
O nome ‘CURRIMAR’ vén da unión do Curricán, ou pesca con cana, e de mar.
Esta empresa elixe só o mellor Bonito do Norte ‘Thunnus alalunga’, pescado un a un mediante a arte do curricán.
Ademais, seleccionan os mellores polbos, exclusivamente ‘Octopus vulgaris’ capturados con nasas, e outros exquisitos produtos do mar.
Esta captura respectuosa, cinguida aos ciclos biolóxicos, garante a sustentabilidade da pesca e evita a sobreexplotación.
Visita a Web:
currimar.com
Mel do Sierra
Mel do Sierra nace da admiración dunha parella de emprendedores marabillados dun dos recunchos máis belos deste mundo, Galicia.
Alí, onde as montañas únense ao mar en innumerables praias de area fina, onde a néboa levántase cada mañá para mostrarnos lugares onde a natureza aínda reina sobre a terra e as persoas viven intimamente ligadas a ela.
Unha contorna de pedra e verdor, de mar, sol e auga, onde a tradición e o misticismo únense e viaxan da man desde hai milenios, até os nosos días.
Nesta contorna privilexiada xorde unha necesidade persoal, unha idea nada da observación dunha contorna moitas veces inxustamente valorado. Pór en valor aquilo que é o noso tal e como é e foi durante decenios.
Visita a Web:
www.meldosierra.com
MARAL Bakery Café
PAN ARTESANO
A nosa panadería artesanal baséase no respecto polas características e a integridade das masas pre-fermentadas e/ou masa nai, así como ao uso de fermentación prolongada. É deses pans que non naceron para acompañar a comida senón ao contrario. A fariña do país (fariña de trigo galego moída á pedra) ten unha cor máis escura que a fariña tradicional e un sabor moi potente.
A cortiza máis tostada é unha das características habituais do pan artesán galego. Iso axuda a que o sabor teña unha maior profundidade. A isto hai que engadir unha elaboración sen présas, cunha fermentación e unha cocción longas en fornos que permiten conseguir moi bos resultados. Mediante este proceso conséguense pans con ingredientes máis naturais e de intenso sabor e cheiro.
Completan a nosa oferta as mellores e máis variadas empanadas galegas e a nosa confeitería, que está chea de gran variedade de doces artesáns. Non te vaias de Xove sen probalos!
Visita a Web:
Maral Bakery Café
Lebre de Abril
Lebre de Abril nace coa ilusión de trasladar ao mundo real un pouco das personaxes e lugares máis influentes na vida da parella emprendedora que a forma.
Adícanse ao deseño e elaboración de candeas aromáticas inspiradas en personaxes literarias, televisivas ou de videoxogos; así como tamén á realización de deseños (con temáticas similares) para ilustracións, bolsas de tea serigrafiadas e cuncas de cerámica sublimadas.
En todo o proceso de produción, empaquetado e envío gárdase un absoluto respecto polo medio ambiente e é por iso que os materiais que se empregan están buscados para seren naturais, libres de crueldade animal, reciclables e reutilizables.
Visita a Web:
Casa Labradela
O mel “Casa Labradela” é un mel elaborado de maneira artesanal dende fai máis de 40 anos.
O coidado das abellas, así como a paixón pola apicultura e o agarimo polo rural foise herdando de xeración en xeración dando como resultado un mel multifloral, un tesouro natural, sen ningún tipo de aditivo, puro e de gran calidade.
Realizamos o proceso completo, dende o coidado das colmeas, a extracción, o envasado e o etiquetado, sempre garantindo que o mel manteña as súas elevadas propiedades intactas.
Visita a Web: